O rexedor reclama máis seguridade para o transporte ferroviario de xeito inmediato
O alcalde de Vigo elevou esta mañá "a súa voz no nome de toda a área de Vigo" reclamando máis seguridade no transporte ferroviario. Así o fixo logo de manter un encontro con responsables de sindicatos ferroviarios e de visitar aos bombeiros que participaron no rescate do sinistro ocurrido o pasado venres en O Porriño.
Abel Caballero exisiu esta mañá de luns a máxima seguridade no transporte ferroviario na área de Vigo, logo do grave accidente do pasado venres en O Porriño no que faleceron 4 persoas. Así o reclamou logo de manter unha reunión con representantes de sindicatos ferroviarios da comarca de Vigo e de realizar unha visita aos bombeiros que participaron no rescate do sinistro, aos que felicitou pola súa labor nos traballos de excarcelación e apuntalamento do tren.
Caballero insistiu en que a seguridade é un elemento "imprescindible, prioritario e insustituible" no transporte ferroviario, "todo se ten que supeditar á seguridade dos viaxeiros e dos traballadores". Respecto do accidente, confirmou que hai que esperar polos informes da comisión de investigación e do xulgado de cara a adoptar medidas que eviten este tipo de sinistros no futuro, pero insistiu en que hai que tomar medidas de xeito inmediato, como a revisión dos turnos dos maquinistas ou garantir que o material sexa o máis seguro posible.Asegurou que a medio prazo é priotario reformar as infraestructuras de grande parte dos trazados da comarca, contar coa saída sur a Portugal ou contar con alta velocidade.
Caballero falou no nome de toda a cidade e de todos os alcaldes e alcaldesas da área para "alzar a voz demandando máis seguridade para traballadores e usuarios". En declaracións aos medios, traladou as súas concolencias e as de toda a cidade ás familias das vítimas, lembrando que acudiu con ese fin aos funerais dos falecidos de Vigo.