Escoitar

O alcalde felicita á familia do baloncesto vigués pola celebración da XXX Copa Galicia Feminina este sábado en Navia

Vigo acollerá os actos de conmemoración do trinta aniversario da Copa Galicia de Baloncesto Feminino no Pavillón de Navia, no que será unha homenaxe á traxectoria da competición e ás persoas que a fixeron posible. Caballero apuntou que o Concello desenvolverá programas e axudas especiais ao baloncesto feminino por ser un referente do deporte na cidade.

mércores, 14 set 2016
1473857444baloncesto2.jpg
Abel Caballero participou esta mañá xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na presentación da XXX Copa Galicia de Baloncesto Feminino que se disputará este sábado día 17 no Pavillón de Navia e que será unha homenaxe aos trinta anos de traxectoria da competición e ao baloncesto feminino galego.

O alcalde vigués celebrou con "entusiasmo" a celebración da XXX Copa Galicia de Baloncesto Feminino en Vigo como un evento "moi importante" polo que felicitou á "gran familia" do baloncesto vigués e sinalou que dende o Concello se desenvolverán programas e axudas especiais ao baloncesto feminino porque "queremos que teña máis presenza", tendo en conta que na cidade é quen de "eclipsar" ao masculino. Preguntado sobre a posibilidade de que Vigo se postule como sede do Mundial de Baloncesto do ano 2018, Caballero declarou que "hai que estudalo en serio" porque se precisan recursos e hai que analizar todos os "medios e posibilidades".

Carmela Silva apuntou que con esta celebración se recoñece "a traxectoria espectacular das mulleres" que nestes trinta anos levaron o baloncesto e Galicia por todo o mundo e manifestou que o apoio da Deputación a este evento é "obrigado" para a visibilización do deporte feminino e "todo o que ten significado".

No acto tamén estiveron presentes, Francisco Martín, presidente de la Federación Galega de Baloncesto; Isa Sánchez, representante da Federación Española de Baloncesto e embaixadora do proxecto Universo Mujer; José Ramón Lete Lasa, secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A primeira edición da Copa Galicia de Baloncesto Feminino celebrouse en Caldas de Reis, sendo o premio para o Círculo Mercantil de Vigo, que se impuxo ao Pío XII de Santiago. Este sábado, a conmemoración dos trinta anos da competición servirán para recoñecer a historia do baloncesto feminino e o labor desenvolvido neste tempo por xogadoras e adestradoras. O Pavillón de Navia acollerá dende as 17:00 horas da tarde do sábado un partido de veteranas agrupadas en Liga Norte e Ligar Sur, a final da Copa Galicia Feminina e unha Gala Homenaxe a partir das 22:00 horas da noite no Auditorio Mar de Vigo.
1473857444baloncesto2.jpg
1473857458baloncesto2.jpg
Descargar todas as imaxes