Escoitar

O alcalde cualifica de "excepcional" a operatividade dos voos de Ryanair desde Vigo

<br /> Abel Caballero recibiu este xoves a José Espartero, director de vendas de Ryanair para España, con quen abordou a operatividade da compañía irlandesa no aeroporto vigués, que se sitúa por enriba do 90% na maioría das rutas, entre as que destaca Barcelona cun cento por cento de ocupación. O alcalde amosouse satisfeito cos resultados e non descarta "rutas adicionais de ningunha compañía".

xoves, 18 ago 2016
1471521133ryanair1.JPG
Tras manter un encontro este xoves con José Espartero, director de vendas de Ryanair para España e Portugal, no que valoraron a marcha da compañía no aeroporto de Vigo que o rexedor cualificou de "excepcional, dez sobre dez". Segundo explicou, a operatividade dos voos na maioría das liñas que opera Ryanair sitúase por enriba do 90 ou do 95 por cento, destacando especialmente a ruta a Barcelona que rexistra un "cento por cento de ocupación".

José Espartero transmitiulle a Caballero a "enorme satisfacción" da compañía coa aposta realizada por Vigo e "isto é o mellor que podía oír o alcalde", dixo Caballero, quen puxo en valor a plena ocupación do voo diario de Ryanair a Barcelona, tendo en conta que compite con outras dúas aeroliñas ofertando ese destino, o que indica, sinalou, a "enorme potencialidade da ruta, cuestión que sabiamos pero que había que operar de forma competitiva, que é o que fai Ryanair".

Con estes datos, o aeroporto vigués entra no "rango de operatividade absoluta" segundo o rexedor, que non descarta "rutas adicionais de ningunha compañía", adiantando que o Concello seguirá "falando con todas as compañías e explorando novas posibilidades".
Descargar todas as imaxes