O goberno de Vigo apoia con 46.000 euros a función social de tres entidades viguesas
Segundo explicou Caballero hoxe mércores, o Concello sufraga con 8.000 euros un programa de respiro familiar da Fundación Menela, con 18.000 euros os obradoiros de estimulación de AFAGA, e con 20.000 euros o intérprete de lingua de signos da Asociación de Persoas Xordas de Vigo.
A Xunta de Goberno Local, informou este mércores o alcalde de Vigo, aprobou os proxectos de convenio coas citadas entidades por un valor total de 46.000 euros.
O Concello respalda con 18.000 a execución dun programa de respiro familiar a través de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional de AFAGA (a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia). Con 8.000 euros á Fundación Menela, o goberno de Vigo apoia outro programa de respiro familiar dirixido a familiares e coidadores habituais de persoas afectadas por algunha discapacidade. Por último, o Concello achega outros 20.000 euros á Asociación de Persoas Xordas de Vigo para a prestación do servizo de intérprete de lingua de signos.