A primeira decisión da Área Metropolitana será incorporar a novos concellos interesados
A Área Metropolitana de Vigo "marcará un futuro excepcional nos muncipios que a conforman", dixo o rexedor un día despois da aprobación da reforma da norma aprobada en 2012. En declaracións aos medios, engadiu que a primeira decisión do ente será ampliarse para incorporar dez novos concellos aos catorce actuais.
O alcalde amosou nesta mañá de mércores a súa "inmensa satisfacción" pola aprobación da reforma da Lei de Area Metropolitana porque "marcará un futuro excepcional nos municipios que a conforman". En declaracións aos medios, lembrou que foi unha "batalla dura e longa" que se gañou cos resultados das pasadas eleccións municipais polo que "felicitou a toda a cidade" por un logro que requieriu moitas reunións previas entre o alcalde e o resto de municipios implicados para chegar a acordos ata "que lles torcimos o pulso", dixo en alusión á Xunta e ao Partido Popular aos que acusou de aprobar hai catro anos unha lei "antidemocrática" que se parou desde Vigo.
Caballero explicou que os 14 municipios que confoman a Área xa teñen acordado que a primeira decisión que se vai adoptar será a ampliación para incorporar aos dez concellos que xa amosaron este interese enviando unha proposta. Ao mesmo tempo, engadiu o alcalde, haberá que avanzar na posta en funcionamento do ente supramunicipal para tomar decisións que beneficien aos cidadáns con mellores servizos e conseguir "un proxecto conxunto de avance". Neste punto, referiuse a colectivos como o Clúster do naval ou da automoción que "ven con agrado" esta norma xa que nos permitirá "planificar mellor o desenvolvemento espacial". Tamén aludiu á vantaxe de que a Área cohesione a 600.000 habitantes así como que sexa fronteira con Portugal. Temos, dixo, unha institución "para un século, que ten maís relevancia da que no seu momento tiveron as provincias porque comparten máis competencias".