Escoitar

O II Certame de Rondallas Vigo reúne a 13 formacións este domingo no IFEVI

O Concello organiza, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a segunda edición deste festival no que cinco formacións viguesas e outras oito dos municipios da área metropolitana amosarán a súa música e bailes que o alcalde entende como "unha achega cultural moi arraigada no sur da provincia".

venres, 8 xan 2016
Abel Caballero amosouse "encantado" de organizar desde o goberno local este festival, no que colabora a Deputación de Pontevedra e no que participan rondallas da cidade e todas as que se quixeron sumar dos municipios da contorna.

Desde as 5 da tarde deste domingo 10 de xaneiro, 13 formacións amosarán no IFEVI a súa música e os seus bailes, que o rexedor vigués entende como "unha achega cultural moi arraigada no sur da provincia de Pontevedra".

O cartel do II Certame de Rondallas Vigo está conformado por cinco conxuntos vigueses: as rondallas do CC de Freixo, do CAR de Valadares, do CC Helios de Bembrive, do CSCR de Beade e do CCV de Zamáns; tres rondallas de Mos: a do CC Santa Eulaia de Mos, a do CC Santiaguiño de Guizán e a do CC de Herville; dúas de Gondomar: A Nosa Merced de Chaín e a do CC de Vincios; do municipio do Porriño estarán a rondalla da AC de Pontellas e a do CC de Atios e de Nigrán a do CC de Parada.