Personal

Comunícase a tódolos/as aspirantes ás probas selectivas para as seguintes prazas vacantes e incluídas na oferta de emprego público do ano 2010-2011 (segunda fase), que as datas de comezo do primeiro exercicio e os lugares de realización serán os seguintes:

venres, 18 dec 2015
Técnico/a de Administración Xeral: Mércores 3 de febreiro de 2016 ás 17:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.

Auxiliar de Administración Xeral Promoción Interna: Xoves 21 de xaneiro de 2016 ás 12:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.

Auxiliar de Administración Xeral Quenda Libre: Sábado 23 de xaneiro de 2016 ás 12:00 horas no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), sito na Avda. do Aeroporto, núm. 772 (Cotogrande).

Alguacil: Xoves 14 de xaneiro de 2016 ás 12:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.

Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial: Mércores 27 de xaneiro de 2016 ás 18:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.

Diplomado/a en Traballo Social: Sábado 23 de xaneiro de 2016 ás 18:00 horas no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), sito na Avda. do Aeroporto, núm. 772 (Cotogrande).

Técnico/a Medio/a de Igualdade: Xoves 28 de xaneiro de 2016 ás 18:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.

Inspector/a Principal Policía Local: Venres 29 de xaneiro de 2016 ás 17:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.

Cabo Extinción Incendios: Xoves 11 de febreiro de 2016 ás 18:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.

Bombeiro/a: luns 1 de febreiro de 2016 ás 08:30 horas no Ximnasio Municipal, sito na Rúa do Carme, da cidade de Vigo.

Condutor/a Bombeiro/a: martes 2 de febreiro de 2016 ás 08:30 horas no Ximnasio Municipal, sito na Rúa do Carme, da cidade de Vigo.

Oficial Condutor/a: Martes 9 de febreiro de 2016 ás 18:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.

Oficial Xardineiro/a: Martes 19 de xaneiro de 2016 ás 12:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.

Inspector/a de Medio Ambiente: Luns 11 de xaneiro de 2016 ás 12:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.


As probas efectuaranse en chamamento único. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento equivalente acreditativo de identidade, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica das probas

Os sucesivos anuncios publicaranse exclusivamente no Taboleiro de Editos da Casa do Concello, nos lugares onde se celebren as probas e na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org).