Escoitar

BOLETIN "Vigo Información Xuvenil" da Concellería de Xuventude

A Concelleria de Xuventude elabora un boletín coas novas de información de interese xuvenil máis destacadas e de maior incidencia local para a mocidade da nosa cidade. Nel incluense noticias sobre EMPREGO, CURSOS, ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE, BOLSAS e, en xeral, información de interese para os e as mozos/as de Vigo.

martes, 24 nov 2015
Este boletín poderá ser recibido por calquera mozo/a que previamente realice a subscrición ao mesmo. Dita subscrición poderá realizarse entrando na web www.xuventudevigo.org e, unha vez dentro, ir a calquera dos blogs de información xuvenil coa referencia subscrición Vigo Información Xuvenil. Ata o día de hoxe hai unhas 1000 subscricións que reciben semanalmente este boletín. É un boletín eminentemente práctico e cómodo de ver e por suposto de recibir a través de calquera dispositivo no que podamos consultar o noso correo electrónico.

Pretendemos así incidir no fomento da igualdade de oportunidades entre a nosa mocidade, facilitando ao máximo o acceso deste colectivo aos recursos e infraestruturas que se lles ofertan dende as diversas entidades tanto públicas como privadas de ámbito local, autonómico, estatal e internacional.

Máis información