Escoitar

O alcalde apoia aos traballadores de Vodafone en Vigo

Abel Caballero mantivo un encontro na mañá deste xoves co Comité de Empresa de Vodafone que lle transmitiu a súa preocupación polo ERE que pode afectar a entre un 20 e un 30 por cento do persoal do centro vigués. O Alcalde manifestou o seu desexo de que o proceso de regulación de emprego non inclúa a ningún traballador da cidade. <br />

xoves, 17 set 2015
O rexedor vigués solidarizouse esta mañá co persoal da empresa Vodafone en Vigo, nunha xuntanza que celebrou co seu Comité de Empresa no Concello. Os traballadores están preocupados polo ERE que está en marcha e que pode afectar a entre o 20 e o 25 por centro do cadro de persoal que, na actualidade, conforman 125 persoas.

Para Abel Caballero, Vodafone é unha empresa con longa presenza en Vigo vinculada directamente coa universidade, en especial coa Facultade de Telecomunicacións, polo que o Expediente de Regulación de Emprego "parécenos improcedente xa que constatamos a importancia dese centro aquí en Vigo, un centro necesario repartido entre a Zona Franca e a Universidade". Ademais, o alcalde recalcou que o operador de telecomunicacións conta con "persoal moi cualificado, enxeñeiros, licenciados, polo que cremos que o ERE debería resolverse sen que afecte a ninguén da cidade de Vigo".