Caballero traslada a súa vontade de cooperación á nova directiva de Vigueses Distinguidos
O alcalde de Vigo recibiu este venres na Alcaldía á nova dirección de Vigueses Distinguidos, presidida por Antonio Romero, antigo xuiz decano da cidade, e transmitiulles vontade de colaboración coa entidade, homes e mulleres de "moito criterio" e salientables polo seu traballo "en e pola cidade", explicou Caballero.
Ante os medios de comunicación, Abel Caballero indicou que ve á nova directiva de Vigueses Distinguidos "con moitas ganas de seguir traballando" en favor de Vigo, e lles transmitiu a vocación municipal de escoitar as súas propostas pola súa "gran capacidade" de contribuír e colaborar coa cidade.
Descargar todas as imaxes