Escoitar

Caballero inicia con Nigrán unha rolda de contactos con alcaldes da área metropolitana

O alcalde de Vigo e o de Nigrán coincidiron esta mañá en ratificar a importancia da lei de área metropolitana para dar mellores servizos aos cidadáns cun menor custo. Caballero iniciou con Juan González unha rolda de contactos con rexedores da comarca para abordar, entre outros temas, a importancia desta iniciativa legal.

venres, 14 ago 2015
1439557454nigran.JPG
Abel Caballero iniciou esta mañá co alcalde de Nigrán, Juan González, unha rolda de contactos con rexedores da área metropolitana que solicitaron manter unha reunión co primeiro edil de Vigo. Tal e como explicou Caballero, durante o encontro -no que tamén estivo presente a tenente de alcalde de Nigrán- foi unha reunión moi "positiva" na que se abordaron temas que afectan a ambos municipios, entre os que destacou a lei de área metropolitana. O rexedor vigués comprobou que comparte cou seu homólogo de Nigrán "o prantexamento e forma de valorar a importancia desta normativa para dar mellorer servizos cun menor custo". Un exemplo desta mellora sería o transporte metropolitano, dixo, "que deseñaríamos entre todos, funcionando coordinadamente e coa transferencia da competecia e dos recursos por parte da Xunta". Unha vez máis, Caballero, tal e como lle transmitiou ao presidente da Xunta, aboga polo modelo de Barcelona -aínda que non descarta o actual coas pertinentes modificacións-, xa que o da Cidade Condal xa está probado e "temos a experiencia de que funciona".

Caballero avanzou que nas próximas semanas vai seguir recibindo aos alcaldes que solicitaron unha entrevista e que, de momento, son os seguintes: Porriño, Tomiño, Fornelos de Montes, Gondomar, Salceda, Tui, Cangas e Moaña. Neste punto, apuntou que "calquera outro rexedor quere manter unha entrevista, non ten máis que solicitala".
Descargar todas as imaxes