Escoitar

"Paseo polo Vigo literario" con Francisco Castro

O Concello de Vigo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza o terceiro "Paseo polo Vigo literario" o sábado 23 de maio guiado por Francisco Castro. A saída será as 11:30 da Praza da Constitución.

xoves, 21 mai 2015
1432210881plano.jpg
Desde a Praza da Constitución desprazarémonos ata a Porta do Sol, ao edificio onde estaba ubicado El Pueblo Gallego, que serviu de inspiración para recrear o Eco de Vigo, o xornal onde traballa o pai do protagonista. Baixaremos cara o Teatro García Barbón, para parar na antiga sede da churrería 'Bonilla' de camiño cara á rúa Luis Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as 10. A Praza de Compostela-Alameda e o Porto Deportivo encamiñarannos cara á estatua de Xulio Verne, protagonista da cidade e nda novela.
Descargar todas as imaxes