Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 21 mai 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 22 DE MAIO DE 2015.

1.- Actas das sesións ordinaria e extraordinaria e urxente do 08/05/2015 de 2014.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proposta de convenio de colaboración coa asociación "Médicos do Mundo" para o desenvolvemento dun programa de intervención sociosanitaria destinado a persoas drogodependentes en situación de exclusión social. Ano 2015. Expte. 103509/301.

3.- Proposta de convenio de colaboración coa "Asociación Española contra o cancro" cara a execución dun programa de atención psicosocial ao doente oncolóxico e aos seus familiares. Ano 2015. Expte. 105114/301.

CONTRATACIÓN
4.- Devolución de garantías a Oresa, S.L. Expte. 5055/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
5.- Relación de contratos menores correspondentes ao mes de abril 2015. Expte. 6102/335.

DEPORTES
6.- Proposta de autorización para a organización da "IV Carreira Popular da Cereixa" o día 31 de maio de 2015. Expte. 13992/333.

7.- Proposta de autorización para a organización do "VI Trofeo Mini-BTT, Montes de Coruxo" o sábado 23 de maio de 2015. Expte. 14033/333.

EDUCACIÓN
8.- Fixación de prezo público para a realización dun campamento de verán pola Escola Municipal de Música. Expte. 17036/332.

MEDIO AMBIENTE
9.- Toma de coñecemento do Plan de conservación do ENIL, complexo duna e areal do Vao-Baluarte. Expte. 6062/306.

RECURSOS HUMANOS
10.- Axudas extraordinarias Fondo de Acción Social. Expte. 26611/220.

11.- Dar conta da Resolución do concelleiro de Xestión Municipal de encomenda de funcións a D. Eugenio Falque Fontán, adscrito ao Parque Móbil. Expte. 10940/445.
SERVIZOS CENTRAIS
12.- Proposta de complemento de produtividade ao persoal do Rexistro da XMU. Expte. 8095/407.

13.- Proposta de complemento de produtividade a favor de D. David González Collazo, auxiliar administrativo da XMU. Expte. 8106/407.

14.- Proposta de complemento de produtividade a favor de D. Juan Aguirre Rodríguez, xefe de Urbanizacións e Infraestruturas da XMU. Expte. 8107/407.

15.- Proposta de complemento de produtividade a favor de D. Aurelio Adán Fernández, polo desenvolvemento das funcións encomendadas en relación coa actualización do Inventario municipal. Expte. 8219/407.

TESOURERÍA
16.- Proposta de prórroga do contrato coa empresa "Servicios de Colaboración Integral, S.L.". Expte. 15299/541.


17.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día vinte e dous de maio de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.


Vigo, 20 de maio de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.