Escoitar

Caballero felicita aos socorristas da piscina municipal de Teis que salvaron a vida dun usuario

O alcalde recibiu este mércores ao equipo da piscina municipal de Teis, despois de que o pasado domingo o traballo dun socorrista evitase o afogamento dun usuario do recinto, un home de 58 anos que perdera a consciencia. Abel Caballero eloxiou a "rapidez" do equipo humano da piscina e agradeceu o seu "gran traballo".

mércores, 4 mar 2015
1425475878socorristas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores aos socorristas da piscina municipal de Teis, onde o pasado domingo salvaron a vida a un usuario, un home de 58 anos. Caballero eloxiou o "gran traballo" dos efectivos de vixilancia e salvamento: Francisco Javier Domínguez, Sonia Prieto, Francisco Rocha e Liliana Barja.

Segundo informou o rexedor vigués, Francisco Javier Domínguez advertíu o pasado domingo, ás 10:38 horas, que un usuario estaba inconsciente dentro da auga e descendendo ao fondo. O socorrista sacou ao home da piscina, comprobou que non estaba consciente, non respiraba e se atopaba en parada cardiaca, tras o que procedeu coa reanimación cardiopulmonar (RCP), unha vez dado o aviso ao 112, seguindo o protocolo.

O socorrista mantivo o traballo de reanimación durante 23 minutos, cando os servizos médicos do 061 se fixeron cargo do paciente, o conseguiron estabilizar e agora se recupera no hospital.
Descargar todas as imaxes