O Concello coopera nunha campaña para facilitar a recollida de vidrio nos locais de hostalaría

Unha campaña de reciclaxe tratará de facilitar aos hostaleiros o traslado do vidrio ao contenedor especial. De momento, xa son 86 os locais que contarán cun cubo máis pequeno e manexable -está provisto de rodas- que lles permitirá baleirar o contido de xeito semiautomatizado.

martes, 3 mar 2015
1425387914contenedor.JPG
Preto dun centenar locais hostaleiros contarán cun cubo máis pequeno para depositar o vidrio que despois poderán baleirar no correspondente contenedor especial. Así o explicou esta mañá o rexedor durante a presentación dunha campaña para provomer a reciclaxe de vidrio na cidade. O obxectivo é dotar aos locais que así o soliciten dun contenedor máis pequeno e manexable -ten rodas- que lles permita achegarse ao iglú con máis facilidade e facer o vaciado de golpe, evitando o engorroso proceso de introducción botella a botella. O sistema dos novos iglús permite a introducción semiautomatizada destes cubos especiais de gran capacidade que estarán nos locais. Coincidindo coa Festa da Reconquista, instalaránse en Rosalía de Castro, Praza de Compostela e Montero Ríos unha veintena de novos iglús con sistema VACRI de multicarga traseira para facilitar a colaboracion dos hostaleiros. Esta decoración irá variando con referencias ás distintas celebracións locais.

Acompañado polo concelleiro de Limpeza, Angel Rivas, e Germán Fernández Freire, delegado en Galicia de Ecovidrio, empresa promotora, Caballero lembro que Vigo conta con preto de 700 contenedores de vidrio e un nivel "moi razonable" de reciclaxe.

Pola súa banda, Fernández Freire, agradeceu ao Concello a súa coperación e cualificou de "encomiable" o compromiso dos hostaleiros con esta campaña. Na súa intervención recoñeceu que este sector seguía a ter un nivel de reciclaxe inferior aos particulares e confiou en que este tipo de iniciativas eleven as cifras de reciclado. A empresa promotora fará un seguimento da campaña e todos os establecementos colaboradores participarán nun sorteo.
Descargar todas as imaxes