Escoitar

O Concello estende a quince colexios a terapia canina como apoio educativo

300 alumnos de 15 centros de educación infantil e primaria poderán beneficiarse do apoio educativo que proporciona a terapia canina que o Concello ven desenvolvendo con discapacitados psíquicos desde o ano 2011. Así o explicou esta mañá o rexedor durante unha visita ao Ceip A Doblada na que estivo acompañado polas tres cadelas que forman parte do programa.

mércores, 4 mar 2015
1425475831terapia.JPG
Caballero achegouse esta mañá ao Ceip A Doblada, un dos quince centros de educación infantil e primaria nos que se vai empezar aplicar un programa de reforzo educativo con cans. Segundo explicou o rexedor, trátase de converter ao animal en motivador de aprendizaxes e nesta primeira etapa atenderáse a 300 nenos durante dous trimestres. Acompañado polas concelleiras de Medio Ambiente e Educación, Chus Lago e Olga Alonso, respectivamente, o rexedor presentou tamén un programa de formación e bolsa de traballo que consiste en formar a entre 4 e 6 persoas que se atopen en desemprego na educación de cans que previamente se seleccionarán da protectora. Para esta formación, axudarán as tres perras da terapia: Mami, Guida e Pintas. Unha vez realizada a formación, os participantes recibirán un certificado de asistencia e os cans serán adoptados por familias que o soliciten. O alcalde, quen cualificou de "revolucionario" este programa, avanzou a súa vontade de seguir a impulsalo dado o éxito da súa demanda.

Desde 2011, o Concello ven facilitando terapia canina a asociacións de discapacitados, e pasouse de traballar con 4 colectivos e 100 usuarios a 10 entidades e 400 usuarios. Os colectivos son os seguintes: Anhida, nenos con hiperatividade e déficit de atención; Afaga, enfermos de Alzheimer; Alento, daño cerebral; Foanpas, pais e nais de alumnos; Apamp, familias con parálise cerebral; Aspavi, discapacidae cerebral; Aspanaex, discapacidade intelectual; Feafes, enfermos mentais; Colexio Saladino Cortizo e Asperga, afectados polo síndrome de Asperger.
Descargar todas as imaxes