Escoitar

O alcalde solicita que Vigo poida invertir o superávit de 2013 sen que compute no déficit de 2014

O vicepresidente da FEMP concitou onte o acordo de preto de 200 alcaldes para solicitar ao Goberno Central que os concellos poidan gastar o superávit de 2013 sen que compute no déficit de 2014. Outro dos asuntos que se abordou onte na Federación de Municipios e Provincias foi o anteproxecto de Lei Orgáncia do Poder Xudicial.

mércores, 30 abr 2014
O alcalde e vicepresidente da FEMP liderou onte en Madrid a petición de preto de 200 rexedores para reclamar ao Goberno de España que os concellos poidan gastar o supéravit de 2013 sen que compute no déficit de 2014. Así llo solicitarán ao ministro de Economía, Cristóbal Montoro, na próxima sesión da Comisión Nacional de Administración Local na que, ademais dunha veintena de alcaldes e o presidente e vicepresidente da Femp, participan respresentantes de varios ministerios. Esta é, segundo Caballero, unha petición "xusta" posto que os municipios son a única administración con superávit que axuda as contas a nivel estatal. En Vigo, concretou, o superátiv é de 5,5 millóns de euros.

Outro dos temas que o vicepresidente da FEMP abordou onte na Xunta de voceiros, na Xunta de Goberno e posterior Consello territorial foron as consecuencias do anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. Tal e como explicou en rolda de prensa, os membros da FEMP entenderon que a excepcionalidade de Vigo en toda España xa que cuatriplica a poboación de Pontevedra a case multiplica por 5 os litixios da capital da provincia. Ao tempo que esixía un tratamento singular para esta cidade, Caballero advertía a todas as capitais de provincia que non teñen tribunais superiores de xustiza que, con esta modificación, van perder as audiencias, así como a moitos municipios de España que se van ver privados dos seus partidos xudiciais. Á vista da exposición do rexedor vigués, a FEMP acordou que a Xunta de goberno vai facer un seguimento activo do anteproxecto de lei e non se descarta a presentación de alegacións ao texto.