O Concello e VITRASA incorporan unha ferramenta para recibir no móbil información do bus a tempo real
O alcalde, Abel Caballero, e o edil de Transportes, David Regades, presentaron este mércores o novo sistema cos responsables de VITRASA, novo en Galicia e xa habilitado nas case 1.200 paradas da cidade. A través dun código QR ou aproximando o móbil NFC, o usuario obtén información no seu dispositivo en tempo real.
A nova ferramenta "infoBús", presentada este mércores polo goberno local e a concesionaria do servizo, é gratuíta e posibilita que o usuario reciba no móbil información en tempo real da hora de paso dos autobuses urbanos. Caballero asegurou que esta nova fórmula ofrece información aos viaxeiros cunha "facilidade extrema" e permite "chegar ao 60 ou 70% dos usuarios do autobús a custo cero".
Xa instalados e activos desde a reordenación de liñas, explicou Abel Caballero, as case 1.200 paradas contan actualmente con códigos QR e NFC que facilitan aos viaxeiros a información relativa ás liñas que pasen por ese punto. Pioneiro nos transportes públicos de Galicia, o usuario escanea o código QR (o teléfono debe dispor dunha aplicación de lectura) ou aproxima o móbil coa tecnoloxía NFC para recibir a información actualizada.
Esta nova ferramenta súmase aos sistemas -xa dispostos con anterioridade e todavía operativos- de información aos viaxeiros, ben vía sms ben mediante a aplicación "BusVigo" que calcula a ruta, hora estimada de paso do seguinte bús e paradas próximas segundo plano e localización GPS.
Descargar todas as imaxes