Escoitar

Caballero ve "moi convinte" para Vigo o convenio coa Zona Franca que ubica sedes económicas na cidade

O alcalde valorou positivamente o acordo acadado entre o Concello e a Zona Franca polo que o Consorcio comprará o edificio municipal de Areal para situar o Centro de Evolución Gastronómica de Galicia. Ademáis, a entidade estatal situará un espazo de coworking e un viveiro de empresas no Auditorio Mar de Vigo -cofinanciado co goberno local e a Cámara de Comercio- e fará un aparcamento no Parque Tecnolóxico de Valladares.

mércores, 30 abr 2014
1398858584alcalde4.jpg
Abel Caballero explicou que o acordou se pechou o pasado luns nunha reunión celebrada entre o propio rexedor vigués e a delegada do Consorcio, Teresa Pedrosa, e despois de ter reclamado o Concello á Zona Franca que ubicase en Vigo algunhas das institucións económicas planificadas para 2014 e 2015.

Deste xeito, Concello e Zona Franca acordaron o texto dun convenio polo que o edificio municipal de Areal pasará ás mans do Consorcio -mediante venda "a prezo de mercado", indicou Caballero- para situar o futuro Centro de Evolución Gastronómica de Galicia. As partes tamén desenvolverán e cofinanciarán, xunto á Cámara de Comercio, un espazo de coworking e un viveiro de empresas na cidade, "con toda probabilidade" no Auditorio Mar de Vigo. Un último punto do acordo obriga á Zona Franca a habilitar un estacionamento de 90 prazas nunha parcela municipal xunto ao Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares.

Abel Caballero valorou está decisión como "moi convinte" para os intereses da cidade de Vigo e considera "razoable" a distribución xeográfica dos distintos espazos da Zona Franca de Vigo, que contempla tamén localizar o Viveiro de Transferencia de Tecnoloxía Aeroespacial en Porto do Molle, en Nigrán. O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo reúnese este mércores e previsiblemente aprobará a redacción do convenio.
Descargar todas as imaxes