Vigo será capital do sector conserveiro durante a VI Conferencia Mundial do Atún "Vigo 2013"
Xunto ao secretario xeral do Mar e ao secretario xeral de ANFACO, a tenente de alcalde, Carmela Silva, presentou hoxe mércores a Conferencia que reunirá en Vigo, os días 9 e 10 de setembro, a máis de 300 diretivos de 29 empresas que concentran o 90% da produción mundial de conservas de pescados e mariscos.
Carmela Silva, no nome do alcalde de Vigo, indicou que "somos cidade da economía, da industria, da innovación, somos unha cidade global" con "unha enorme capacidade de competir" a nivel internacional. A tenente de alcalde salientou que "Vigo vai ser punto de referencia mundial no atún", un tema "de enorme importancia para a nosa cidade, para a industria da conserva, para Galicia e non esaxeramos se dicimos que de enorme importancia para España".
Coa organización desta conferencia a cargo de ANFACO-CECOPESCA, Vigo será durante dous días a capital mundial do sector atunero, conserveiro e transformador de produtos do mar e as súas industriais auxiliares. A cidade será punto de encontro da exposición e debate de aspectos tan relevantes como o abastecemento de materia prima e a elaboración e comercialización de conservas de atun.
Participarán na Conferencia máis de 300 directivos que lideran empresas radicadas en 29 países que elaboran ou comercializan os seus produtos nos cinco continentes, concentrando o 90% da produción mundial de conservas de peixes e mariscos. Se trata de países tan relevantes no mundo das conservas de peixes e mariscos como Italia, Francia, Portugal, Reino Unido, Países Baixos, Bélxica, España, Ecuador, México, EUA, Panamá, Guatemala, El Salvador, Uruguai, e Brasil, Costa de Marfil, Marrocos, Gabón, Túnez, Thailandia, Corea, Papúa Nova Guinea, China, Malaisia, Taiwán, Indonesia, Seychelles, Isla Mauricio, Israel... entre outros.
Así mesmo, destaca a presenza de destacados representantes de administracións como a DG Mare-UE, DG Trade-UE, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, e a Consellería do Medio Rural e do Mar.
Esta Conferencia enmárcase no ámbito do "Foro Internacional de Conservación de Produtos da Pesca de Galicia", creado por ANFACO-CECOPESCA en 1995 e que dende entón vén organizando, con periodicidade anual, diferentes conferencias para analizar a situación presente e futura do sector transformador dos produtos da pesca e da acuicultura, así como as distintas problemáticas e incidencias que a transformación e comercialización destes produtos presenta a nivel internacional.
Descargar todas as imaxes