Nenos e nenas da ludoteca viguesa Silvalandia visitaron este luns o Concello
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu no seu despacho a visita dos nenos e nenas deste centro infantil sito en Navia, que durante a mañá deste luns percorreron as distintas instalacións municipais para coñecer o Concello de Vigo. Silvalandia oferta as excursións pola cidade dentro das súas actividades habituais.
![1343044142ludoteca.jpg 1343044142ludoteca.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1343044142ludoteca.jpg)