Benestar Social impulsa o Plan Local de Drogodepencias
O Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións, aprobado por unanimidade no último Pleno da Corporación municipal, é un documento metodolóxico e teórico para a prevención, asistencia e intervención directa no que participaron entidades e especialistas para a súa elaboración.
O proceso de creación comezou en 1998 coa celebración de xornadas a partir das que se fomentaron sinerxias entre as asociacións e axentes para a súa aplicación. O Plan Local de Drogodepencias e outras Adiccións enmárcase no Plan Autonómico de Drogodependencias e no Plan Nacional sobre Drogas, polo que está coordinado no ámbito político, técnico e social co obxectivo de ofrecer unha resposta conxunta e complementaria ás conductas adictivas.
Este plan contén un diccionario de termos, un organigrama, un apartado da intervención municipal a través de distintos departamentos, establece a creación dunha oficina do plan, obxectivos, cronograma, recursos e estratexias de financiación.