Escoitar

A exhibición aérea da ”Patrulla Águila” será o sinal de inicio dos actos da Batalla de Rande

martes, 23 xul 2002
imx1691.jpg
A exhibición aérea enmarcada nos actos conmemorativos do tricentenario da Batalla de Rande, organizada pola Concellería de Cultura co patrocinio da Fundación Caixa Galicia, celebrarase o 25 de xullo a partir das 12:00 horas. Poderase ver dende as praias de Samil, O Vao e Canido, así como na outra beira da ría.

A “Patrulla Águila”, da Academia Xeral do Aire, é o equipo de demostración acrobática do Exército do Aire español. Dende súa creación no ano 1985, participou en exhibicións por España, Europa e Oriente Medio, xunto con outros equipos de todo o mundo que comparten esta dedicación.

A “Patrulla Aguila” realiza as súas exhibicións con 7 avións CASA C-101 Aviojet, avión bipraza de fabricación española, que pode acadar unha velocidade de 450 Kts –nudos- (835KIns/h) unha altitude de 42.000 ft-pes- (14.000 m) e unha autonomía de 7 horas.

A “Patrulla Aguila” intégrana 13 pilotos: o xefe da Patrulla, 7 pilotos titulares e 5 pilotos de reserva. Ademais destes, forman o equipo: un oficial de Intendencia, trinta e seis suboficiais mecánicos e cinco suboficiais de fotografía e vídeo e unha secretaria.

Os membros da “Patrulla Águila” desempeñan unha dobre función: por unha banda, como pilotos acrobáticos e por outra, como profesores e instructores de voo na Academia Xeral do Aire de San Javier en Murcia.

Descargar todas as imaxes