A Policía local participa nunha campaña de sensibilización sobre accesibilidade
A Concellería de Benestar Social, en colaboración coa de Tráfico, Seguridade e Transportes, comeza a desenvolver unha campaña de sensibilización para a accesibilidade. A primeira actividade consistirá en charlas dirixidas á Policía local impartidas por membros de asociacións de discapacitados que intentarán informar e concienciar os axentes da importancia de facer cumprir as normas no estacionamento en zonas reservadas, respectar os rebaixes de beirarrúas, así como a comunicación con persoas xordas e invidentes.
Tendo en conta que a sociedade xoga un decisivo papel no proceso conducente a conseguir a accesibilidade, faise imprescindible unha actuación sobre os cidadáns para procurar a súa mentalización sobre a problemática e o conseguinte cambio de actitudes.
Este proceso de mentalización dos cidadáns non xorde espontaneamente, senón que debe responder a un programa estructurado con obxectivos definidos e estratexias concretas.
Os obxectivos da campaña son implicar a sociedade na consecución da accesibilidade, facendo conscientes os cidadáns da necesidade e importancia da súa participación: conseguir que os cidadáns respecten as medidas establecidas (non aparcar nas zonas reservadas, non aparcar nos rebaixes, etc.) e potenciar dende o Concello medidas conducentes ó incremento da accesibilidade na cidade.
Traballarase con tódolos colectivos da cidade realizando actividades concretas. Haberá unha participación directa dos técnicos encargados das áreas relacionadas coa accesibilidade do Concello e utilizaranse medios personais e técnicos das entidades implicadas.
Nunha primeira fase traballouse nos medios de comunicación, concretamente na radio, coa emisión de cuñas alusivas ás diferentes barreiras que se atopan as persoas con discapacidade. As actividades van, polo tanto, dirixidas á poboación xeral e a sectores específicos tendentes a informar, consegui-la colaboración e implicación.
A partir do vindeiro martes 23 de xullo, a campaña centrarase nos diferentes colectivos implicados no tema da accesibilidade.
O calendario de charlas é o seguinte:
Martes, 23 de xullo de 8.00 a 8.30 horas e de 15.00 a 15.30 horas
Martes, 30 de xullo de 8.00 a 8.30 horas e de 15.00 a 15.30 horas
Xoves, 8 de agosto ás mesmas horas e
Xoves, 22 de agosto ás mesmas horas.