Caballero di que as carreiras populares estarán no núcleo central da política deportiva e anima a participar na San Silvestre solidaria
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe, durante a presentación da sétima edición da San Silvestre viguesa (sábado 31, Castrelos, 17:00 horas), que "as carreiras populares van entrar no núcleo central da política deportiva da cidade xunto ao deporte de base", no que citou modalidades referentes como o baloncesto, balonmán, fútbol ou judo.
Caballero, que estivo acompañado na presentación da proba atlética polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente do Club Atletismo Vigo, Evaristo Pereira, e polo representante do Banco de Alimentos, Pedro Pereira, animou á cidadanía a que se inscriba na carreira, "que é popular, solidaria e non competitiva" e disputarase no circuíto de Castrelos este sábado 31 ás cinco da tarde, "a hora dos campións", dixo. A San Silvestre, que se celebra de forma ininterrompida dende 2005 cando empezou cuns 200 deportistas, pretende superar os 1.500 participantes.
"Esta carreira ten unha característica importante", sostivo o rexedor vigués, "porque a inscrición custa un quilo de alimentos, e esta axuda é cada vez máis necesaria por diferentes razóns", indicou. A organización quere recoller 5.000 quilos de alimentos non perecedoiros, como en 2010, que se entregarán tras a proba ao Banco de Alimentos.
O alcalde, que en ton relaxado e propio destas datas encargou ao concelleiro que faga "un quilómetro da proba" no seu nome porque el cre "unha distancia longuísima os 6 quilómetros previstos, que si os faría camiñando", afirmou xa en serio aínda que metaforicamente que "a pretensión do goberno local é que Vigo se converta nun gran circuíto permanente de carreiras populares".
A aseveración do alcalde sustentouse nos espectaculares datos de crecemento do número de deportistas populares que concorren ás probas urbanas. "De 2008 a hoxe duplicouse o número de participantes e vemos que hai unha gran demanda de probas", comentou. En 2008 4.160 atletas, entre federados e populares, correron polo asfalto vigués as diversas probas do calendario; este ano, 8.129.
Por iso, o alcalde socialista insistiu en que "imos meter as carreiras populares no corazón da actividade deportiva de Vigo".
Ademais, e dado que a San Silvestre celébrase en Castrelos, lembrou que "nos Orzamentos de 2011 xa figura unha partida concreta para mellorar de forma notable" o circuíto atlético do parque.
Pola súa banda, o presidente do club organizador, Evaristo Pereira, agradeceu o apoio das empresas privadas e tamén dos departamentos de Deportes, Política de Benestar e Limpeza, Parques e Xardíns e por Social e recordou que "nestes tempos moi difíciles esta iniciativa axudará a recadar moitos alimentos para os comedores sociais da cidade".
A carreira, de catro voltas ao circuíto de Castrelos, pode realizarse correndo ou andando porque non é competitiva (non hai tempos) e conclúe cunha chocolatada (chocolate e roscón) para participantes e acompañantes, ademais do sorteo de agasallos doados polas casas comerciais. Os 500 primeiros deportistas en inscribirse recibirán unha camiseta e dende o Atletismo Vigo lémbrase que dada a peculiaridade da inscrición, os participantes deberán acudir polo menos media hora antes do inicio do evento para recoller o dorsal.
Para rematar a rolda de prensa, o representante do Banco de Alimentos asegurou que dende a súa organización "estamos conmovidos pola solidariedade da poboación viguesa nun momento no que o perfil de quen vai ao comedor social cambiou drasticamente", dixo Pedro Pereira.
Descargar todas as imaxes