Escoitar

O goberno local proponse ampliar a cooperación coa Asociación Remadoira

O alcalde de Vigo entrevistouse este mércores con representantes desta entidade, dedicada á reconstrución e mantemento de embarcacións tradicionais a vela. O Concello xa colabora coa Asociación e Abel Caballero adiantou que proponse incrementar dita cooperación, xa que Remadoira sostense unicamente coa aportacións dos seus socios e a subvención do goberno local.

mércores, 28 dec 2011
1325091320remadoira.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este mércores que o goberno local plantéxase ampliar e conveniar a cooperación coa Asociación Remadoira, adicada á reconstrución e mantemento de embarcacións tradicionais a vela.

Segundo afirmou ante os medios de comunicación, as instalacións da entidade repártense entre a curva de San Gregorio e terreos próximos á Cidade Universitaria, e o goberno local cedeulles todo o material procedente dos obradoiros municipais que realizaba ata que a Xunta de Galicia cancelou as achegas para estes programas.

Abel Caballero explicou que a Asociación Remadoira sostense exclusivamente coas aportacións dos seus socios, sendo o Concello de Vigo o único que subvenciona a súa actividade.
Descargar todas as imaxes