Escoitar

O Concello reclama da Xunta os terreos da ETEA necesarios para levar adiante o Campus de Excelencia Mariña da Universidade

O Pleno da Corporación de Vigo aprobou por unanimidade unha moción na que os tres grupos políticos apoian o Campus do Mar -o proxecto de excelencia impulsado pola Universidade de Vigo- e instan á Xunta de Galicia a que ceda os terreos necesarios da ETEA para tal fin. O Partido Popular enmedou unha moción proposta polo PSOE ao efecto, que recabou o visto bo dos tres grupos.

luns, 22 mar 2010
1269266821oposicion.JPG
O Concello de Vigo respaldou este luns no Pleno da Corporación instar a Xunta de Galicia a que ceda os terreos da ETEA necesarios para levar adiante o Campus do Mar que impulsa a Universidade de Vigo.

Unha moción presentada polo grupo municipal socialista, e enmendada polo Partido Popular, acadou o visto bo dos tres partidos con representación municipal, que amosaron o seu apoio ao Campus de Excelencia co que Vigo competirá no concurso do Goberno de España.
Descargar todas as imaxes