A Fundación Vigo Convention Bureau participará en Barcelona na feira máis importante do ámbito dos congresos
A Fundación Vigo Convention Bureau estará presente na EIBTM de Barcelona, a feira europea máis importante no ámbito das convencións, os incentivos, os congresos e os eventos en xeral, que se celebrará entre o 1 e o 3 de decembro. Trátase dunha cita de gran relevancia para a entidade viguesa no seu obxectivo de impulsar o turismo de congresos, xa que comezará a dar os seus primeiros pasos presentando o seu traballo e proxectos de futuro ante os 3.000 proveedores participantes, que representan a aproximadamente 160 países.
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, salienta que é sumamente importante participar na feira barcelonesa, que compite directamente coa IMEX de Frankfurt, xa que nela a entidade viguesa poderá iniciar os seus primeiros contactos profesionais. Os principais visitantes da Feira da Industria de Viaxes de Negocios e Congresos son executivos responsables da organización de viaxes de negocio, congresos, conferencias, eventos e viaxes de incentivos, entre os que destacan as axencias, asociacións, grandes empresas e organizacións profesionais de conferencias (PCO).
Tras o nacemento en agosto da Fundación Vigo Convention Bureau, a cidade de Vigo acude á feria catalana co apoio de Turgalicia. Deste xeito, e á espera de que no vindeiro mes de xaneiro se presente o seu xerente e a elaboración do plan estratéxico da entidade, a entidade sigue o seu plan de ruta marcado, que tras a sinatura da súa acta fundacional, comeza as actividades de promoción. En total, son xa máis de 50 cidades do estado español as que empregan esta ferramenta para promocionar o turismo de congresos e incentivos.