A Concellería de Sanidade ultima os preparativos para a festividade de Tódolos Santos
Os cemiterios de Vigo, con motivo da festividade de Tódolos Santos, permanecerán abertos do 31 de outubro ó 2 de novembro, desde as 9:00 ás 19:00 horas de forma ininterrompida. Haberá un dispositivo de Protección civil en tódolos cemiterios e un servicio especial de liñas de transporte urbán.
A Concellería de Sanidade realizou no último ano a reparación de cornixas do teito da capela e canalización de desaugadoiros no cemiterio de Lavadores, a canalización de augas pluviais en Teis e a reparación do canle da entrada principal en Pereiró. Fixéronse tamén traballos de ornato e axardinamento en tódolos cemiterios, segundo explicou o concelleiro Santiago Domínguez.
O Concello ten prevista a realización de 36 novos nichos en Zamáns e 122 en Teis, xa que non se construían desde 1992 e había unha importante lista de agarda.
As liñas de transporte urbán que se dirixen ós cemiterios son a 13 e 24 a Beade, 23 e 24 a Bembrive, 11 a Cabral, 19 a Candeán, 16 e 27 a Puxeiros e Lavadores: 7, 9, 17 e 20 a Pereiró: 1, 3, 10 e 13 a Teis e 7 a Zamáns.
O 1 de novembro haberá un servicio especial de autobuses urbáns da liña 16 e reforzaranse as frecuencias de paso de tódalas liñas que se dirixen ós 19 cemiterios existentes no termo municipal de Vigo cando sexa preciso.
O horario de visitas ós cemiterios unificarase a partir do 2 de novembro e será de 9:00 a 13:00 e de 15:15 a 18:30.
Descargar todas as imaxes