Santi Domínguez subliña a importancia de ofrecer apoio específico durante o verán ás persoas con discapacidade
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns a importancia de ofrecer apoio específico durante o verán ás familias e as persoas con discapacidade. Así o subliñou durante a visita que realizou á primeira edición do campamento "Agosto de Lecer 2008", organizado pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social en colaboración con Pasovigo, entidade que integra as diferentes asociacións de persoas con discapacidade de Vigo.
"A organización desta iniciativa é unha mostra máis da aposta do BNG pola integración de todas as persoas", salientou Santi Domínguez, quen lembrou que este ano é o primeiro no que se organiza un campamento de verán destinado ás persoas con discapacidade. O tenente de alcalde explicou que no campamento "Agosto de Lecer 2008" ofrécese un servizo de atención especializada nun centro de día, isto é, de 10 a 18 horas. Durante este tempo, desenvólvense diversos obradoiros e visitas culturais cun servizo asistencial en todas as actividades, así como transporte adaptado para todas as saídas programadas e servizo de comida asistida co persoal de apoio axeitado.
As familias das persoas con discapacidade teñen necesidades específicas de apoio, polo que segundo o tenente de alcalde, "debemos crear dispositivos sociais solidarios". Así, no campamento "Agosto de Lecer 2008" participan vinte persoas con diferentes discapacidades e con idades comprendidas entre os 11 e os 42 anos. Neste sentido, Santi Domínguez salientou que o campamento se plantexa como a posibilidade de ofrecer "un respiro" para as familias de xeito que lles resulte máis doado compatibilizar a súa vida familiar e laboral.
O tenente de alcalde, finalmente, agradeceu ás diferentes asociacións integrantes de Pasovigo o seu apoio e os seus recursos para organizar esta iniciativa, que se desenvolverá ata o vindeiro 22 de agosto nas instalacións da asociación Apamp.