O Concello de Vigo, líder en España no pago a provedores, con 6,5 días de media
O Concello de Vigo é líder en España no prazo de pago a provedores, cunha media de 6,58 días de abono de facturas, segundo avanzou este luns no Pleno da Corporación local o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, ao detallar que durante o primeiro trimestre de 2024 desembolsáronse 24 millóns de euros neste capítulo. O edil indicou que o goberno municipal planifica xa o orzamento de 2025, que incluirá máis de 30 millóns de investimentos, e que durante os tres primeiros meses de 2024 o Concello autorizou o gasto de 170 millóns de euros do orzamento de 2024, que ascende a 363 millóns, dos que 42 millóns están en fase de pago.