venres, 3 set 2021
O goberno local renovará grande parte das luminarias da cidade por luces LED logo de adxudicar un contrato de 2,5 millóns de euros. O Concello segue así na senda de avanzar na eficiencia enerxética.
venres, 3 set 2021
Abel Caballero avanzou esta mañá o interese municipal por retomar o Programa Municipal de Escolas Deportivas en outubro tal e como estaba previsto. Con ese obxectivo, insta á Xunta a adaptar a normativa covid a actual situación epidemiolóxica de forma que se permita a actividade deportiva non federada.
venres, 3 set 2021
O alcalde felicitou esta mañá aos responsables do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais que organizarán no mes de outubro en Vigo o V Congreso de Seguridade e Prevención 4.0. O Concello cooperará con unha iniciativa que se desenvolverá no Club Financeiro.
venres, 3 set 2021
Abel Caballero achegouse esta mañá á Comandancia Naval de Vigo para gozar dunha mostra fotográfica formada por 65 imaxes do período comprendido entre 1850 e 1935. Na súa intervención, o alcalde animou a toda a cidade a visitar unha exposición formada por imaxes que foron seleccionadas entre as máis de 200 publicadas no libro do mesmo título editado no ano 2007. A mostra poderá ser visitada gratuitamente, desde el luns 6 ata o venres 17 de setembro, en horario de mañá desde las 10,00 hasta las 14,00 e, de tarde, desde as 16:30 ata as 19:30.
venres, 3 set 2021
O circuíto municipal vigués será a sede da penúltima cita, a celebrar entre o 10 e o 12 de setembro e presentada este venres por Abel Caballero xunto a Alberto Alonso, delegado en Galicia de AECAR, Cristian Villar, presidente da Asociación Cavi, e Pablo Louro, de Gadis. Máis de medio centenar de pilotos xa están inscritos.