O alcalde destaca os investimentos de 100 millóns de euros na cidade neste ano marcado pola pandemia
Abel Caballero fixo balance este luns do traballo do seu goberno ao longo do 2020, un ano “difícil, duro” no que Vigo “incrementou coma nunca a política social, os investimentos, a xeración de emprego e intentou rexenerar a actividade económica mentres faciamos unha loita denodada da Covid-19”.