martes, 17 novembro 2020

O Concello reforzará con cámaras nas rúas o control do aforo Covid durante o Nadal

Abel Caballero avanzou esta mañá novas medidas para que Vigo poida gozar dun Nadal con “seguridade Covid 1.000 por 100”. Nesta ocasión, deu conta da licitación da contratación dun sistema de cámaras que permitirá controlar o aforo das rúas, dispositivo que o Concello complementa coa contratación de 23 persoas, contando sempre co apoio da Policía Local.

Abel Caballero avoga por implantar en Vigo a produción do vehículo autónomo e eléctrico

martes, 17 nov 2020

No marco do foro internacional AutoMob sobre o futuro do automóbil, o alcalde apostou por arraigar no territorio o proceso tecnolóxico, coordinando sector público e privado, e da man do financiamento da Unión Europea. Caballero defendeu o máis de medio século de experiencia de Vigo como aval para o éxito dos retos inmediatos do coche eléctrico, autónomo e conectado.