venres, 28 feb 2020
Abel Caballero anunciou este venres que o Concello aprobou iniciar os trámites para aprobar as ordenanzas de comercios e praias. A Xunta de Goberno Local ten deu o visto e prace á consulta pública para recibir suxestións antes de comezar a redacción dos textos normativos.
venres, 28 feb 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres unha distinción por parte da Asociación de Hoteles de Vigo (Ahosvi) en recoñecemento ao éxito das festas de Nadal e a alta ocupación turística rexistrada nos meses de decembro e xaneiro. O presidente de Ahosvi, Jaime Pereira, foi o encargado de entregar ao rexedor unha placa conmemorativa no acto celebrado no Hotel Galeones.
venres, 28 feb 2020
O rexedor subliñou esta mañá o interese do Concello en que Vigo conte cunha sede do CGAC con 400 m2 para exposicións e 500.000 euros para mantemento que terían que ser achegados pola Xunta de Galicia. Con esta proposta, reclamou unha reunión inmediata do Consorcio do Casco Vello para tratar esta cuestión, así como do futuro dos locais que o organismo ten baleiros.
venres, 28 feb 2020
O concurso que organiza o Concello desenvólvese esta fin de semana no Auditorio Mar de Vigo coa concorrencia de 30 participantes e 22 premios en diferentes categorías. Haberá tamén coloquios arredor deste arbusto característico das Rías Baixas.
venres, 28 feb 2020
Abel Caballero mantivo este venres un encontro con Gustavo Machín, embaixador de Cuba en España, no marco da viaxe de traballo que está realizando a Galicia e no que tamén participaron Yahima Martínez, cónsul xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria e Janet Fernández, conselleira económico comercial da embaixada de Cuba en España.