O alcalde informa a Conxemar sobre os avances do Concello para a ampliación do Ifevi
Abel Caballero acudiu este xoves á reunión da xunta directiva de Conxemar para informarlles da emisión do informe municipal sobre a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). O alcalde insistiu na necesidade de que a Xunta licite coa maior prontitude as obras para que estean a tempo da vindeiro feira a celebrar en outono.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este xoves á xunta directiva de Conxemar que xa está redactado o informe do Concello sobre a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).
O rexedor mantivo unha xuntanza cos responsables da feira que se celebra anualmente en outono e que necesita maior espazo para a vindeira edición.
Caballero insistiu que xa están os recursos e notificados os propietarios dos terreos para levar a cabo a expropiación, polo que insistiu en que a Xunta de Galicia debe licitar de inmediato as obras e así levar a cabo a reforma do Ifevi con tempo para estar finalizada en outono.