xoves, 13 febreiro 2020

O Concello suma outros 16 espazos ao programa de arte urbana “Vigo cidade de cor”

Abel Caballero informou este xoves da aprobación do proxecto da sexta edición desta iniciativa, que inclúe dezaseis novos murais na cidade e a recuperación e consolidación dalgúns de anos anteriores. Sumados os realizados nos colexios, Vigo contará este ano con 133 obras nas súas rúas froito deste programa municipal.

O alcalde entrega diplomas ao alumnado das Aulas Cemit

xoves, 13 feb 2020

Segundo explicou Caballero, o alumnado trasladoulle a súa valoración positiva sobre a formación recibida dentro do Plan de Inclusión Dixital que lles permitiu adquirir coñecementos en diferentes áreas das novas tecnoloxías: redes sociais, compras e vendas por Internet, ofimática básica, follas de cálculo, smartphones... Amais, sinalou, “recibimos peticións de máis cursos” dado que “permiten abrir novos horizontes”. O salón de actos da UNED no Auditorio Mar de Vigo acolleu o acto de entrega do diploma acreditativo destes cursos.

Abel Caballero recibe a estudantes de intercambio co Colexio Miralba

xoves, 13 feb 2020

O grupo de 15 estudantes alemáns da rexión de Hannover realizou este xoves unha visita ás dependencias do Concello no marco da súa viaxe de estudos a Vigo, onde se atopan de intercambio co Colexio Miralba-Xesuitinas. Caballero deulles a benvida á cidade e desexoulles unha feliz estadía de aprendizaxe e ocio en Vigo.