Escoitar

Caballero compara a consolidación da Gran Bikedada co novo xeito de mobilidade en Vigo grazas aos carrís bici

Sétima edición da Gran Bikedada, prevista para este domingo (9:00 horas, Montero Ríos), repetirá a enorme participación do pasado ano entre Vigo e o encoro das Eiras, tocando os municipios de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes e voltando a Vigo.

xoves, 13 feb 2020
Rueda de prensa.
Rueda de prensa.

Con preto de 700 ciclistas, a sétima edición da Gran Bikedada, prevista para este domingo (9:00 horas, Montero Ríos), repetirá a enorme participación do pasado ano entre Vigo e o encoro das Eiras, tocando os municipios de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes e voltando a Vigo, segundo anunciou hoxe o alcalde, Abel Caballero, quen definiu a proba como “un evento de extraordinario esforzo e gran capacidade de resistencia”.

Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, e membros da organización da proba, dixo que esta é “unha gran efeméride deportiva e a proba límite e excepcional do ciclismo”.

No sétimo ano do mesmo, o evento, ten tres modalidades para os participantes: gran fondo (100 quilómetros), fondo (69,30 km) e medio fondo (42,60), sendo a distancia máis elixida a de gran fondo, con 474 “bikers”.

Pero ademáis, o rexedor incidiu en que “a bicicleta é un xeito de entender a vida diaria porque os carrís bici están chamados a integrar o desenrolo normal das ciudades”. Nomeadamente, Caballero incidiu “como presidente da FEMP” en que “queremos que a bicicleta se transforme, cada vez máis, nunha forma de mobilidade. Fomos cautivos durante moito tempo da cultura do coche”.

José “Pepe” Xagarós, dende a entidade organizadora Social Ciclismo Fan Manager, indicou que a proba é “un monumento ao ciclismo, un fenómeno social consolidado”. “A Gran Bikedada sempre ofrece un reto á medida de cada un”, explicou sobre as tres distancias para percorrer a Senda da auga. 

Descargar todas as imaxes