mércores, 11 set 2019
O alcalde reiterou este mércores que a atención do Instituto Social das Forzas Armadas continuará prestándose en Vigo, como garantiu hai meses e hoxe "o manteño". Trasladou aos usuarios que "estean tranquilos" ante un "intento de polémica" promovido este días e asegurou que "mentres eu sexa alcalde, o Isfas vai seguir en Vigo".
mércores, 11 set 2019
Abel Caballero saudou ao alumnado e profesorado do centro que retomaba hoxe a actividade e destacou o plan de tráfico municipal posto en marcha nalgúns centros para xestionar a afluencia de vehículos.
mércores, 11 set 2019
O rexedor visitou este mércores as instalacións do novo ximnasio que vén de abrir as súas portas na rúa Pizarro con arredor de 2.000 persoas inscritas, que poderán acceder a un catálogo amplo de actividades e clases de diferentes disciplinas, desexándolle o mellor dos éxitos aos seus responsables.
mércores, 11 set 2019
Xunto ao coordinador do evento, Rodrigo Vázquez, e á xerente da Asociación de Comerciantes do PAU de Navia, Ana Martínez, o alcalde, Abel Caballero, presentou este mércores a oitava edición desta festa celta e romana, que se celebra esta fin de semana en Navia, cun programa reforzado e renovado para toda a familia.
mércores, 11 set 2019
O remo de mar regresa a Bouzas por segundo verán consecutivo para disputar o Trofeo Illas Cíes de remo de mar, que ademais será Campionato de Galicia da modalidade para skiff e dobre scull. A praia do Adro será o punto de chegada, mentres que as regatas disputaranse ante o espigón, podendo seguirse dende o paseo.