O alcalde participa na apertura do curso escolar do CEIP Escultor Acuña
Abel Caballero saudou ao alumnado e profesorado do centro que retomaba hoxe a actividade e destacou o plan de tráfico municipal posto en marcha nalgúns centros para xestionar a afluencia de vehículos.
O rexedor salientou ante os medios de comunicación o alumnado "significativamente superior" da educación concertada en Vigo respecto á pública. Así, hoxe inician o curso na cidade 23.611 estudantes, uns 300 máis que o curso pasado, apuntou, con 7.069 estudantes na etapa de Infantil; 3.165 en colexios públicos e 3.848 en concertados. No caso da Educación Primaria, de 6 a 12 anos, nos centros públicos comezan o curso 7.226 alumnos/as e 9.070 nos concertados, amais de 196 alumnos/as en Educación Especial.
Abel Caballero informou tamén do inicio dos plans de tráfico en preto de cen centros educativos da cidade para favorecer a circulación dos vehículos nos momentos de entrada e saída do alumnado co fin de que sexa "o máis fluída posible", instando a todos os centros que queiran dispoñer deste servizo a solicitalo no Concello.
Descargar todas as imaxes