venres, 9 ago 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou a subvención á asociación cultural correspondente á temporada 2018-2019 e unha axuda de 20.000 euros á Fundación Mulleres por África para a educación de adolescentes embarazadas e nais. Amais, deu luz verde ao programa de outono do "Camiño a Camiño".
venres, 9 ago 2019
Abel Caballero participou este venres na sinatura dun convenio entre a Zona Franca e Asime para a promoción das edicións de 2019 e 2021 desta nova feira, que acollerá Vigo e na que estarán presentes as empresas líderes do sector industrial, metalúrxico, metalmecánico e das tecnoloxías asociadas, de dentro e fóra de España.
venres, 9 ago 2019
Segundo explicou este venres o alcalde, a previsión climatolóxica para este venres anima a "non correr riscos" coa Orquestra Clásica de Vigo, que ofrecerá a súa actuación este domingo, ás 21h, na mesma localización prevista: os xardíns históricos do Pazo de Castrelos. O resto de concertos da Noite Branca celebraranse, de chover, en sitios próximos a cuberto.
venres, 9 ago 2019
Segundo informou o rexedor, "o interese que está espertando" a convocatoria do concurso co que o Concello quere fomentar a creación musical e o espírito creativo entre grupos noveis da cidade, fai que se prorrogue o prazo de inscrición ata o 30 de agosto. Poden participar aqueles grupos cuxo 50% dos seus compoñentes estean empadroados en Vigo e, como premio, poderán gravar maquetas en Vigosónico e actuar en diferentes espazos da cidade. <br />
venres, 9 ago 2019
Abel Caballero achegouse este venres ao Pavillón Central das Travesas onde os arredor de 450 nenas e nenos que participaron no campamento urbano, organizado polo Concello, celebraban a última xornada logo de pasar quince días compartindo actividades de deportes, música, teatro, xogos e excursións. Durante o acto de clausura, amosaron as súas aprendizaxes con actuacións musicais e baile.
venres, 9 ago 2019
Recibidos no Concello este venres, o alcalde felicitou a Ania Setién, Jacobo Fernández, Laura Vázquez e Vicky Alonso polos seus recentes éxitos en badminton, judo e baloncesto en cadeira de rodas. <br />
venres, 9 ago 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres na Alcaldía a José Luis Quintana, o seu homólogo de Don Benito, municipio estremeño da provincia de Badaxoz. Na entrevista participou tamén a tenente de alcalde e concelleira de Empresa, Economía, Seguridade e Organización Municipal, Elena Espinosa.