"Os Gobernos Locais xogaremos un papel clave na anticipación contra a violencia de xénero"
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, anuncia a creación dun grupo de traballo na Federación para cooperar na proposta normativa contra a trata, logo de reunirse este xoves en Madrid coa vicepresidenta en funcións do Goberno de España, Carmen Calvo.