Caballero visita a montaxe das estruturas do Marisquiño
Acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do delegado de Zona Franca, David Regades, así como do director do Marisquiño, Joako Ezpeleta, o alcalde achegouse ao paseo de Montero Ríos onde avanzan os traballos de montaxe das estruturas do festival dende este venres e ata o domingo. Caballero salientou o apoio municipal ao certame "de rango europeo", que ascende a 318.000 euros que, xunto aos 182.000 que achega a Deputación, suman case medio millón de euros.