O goberno municipal inviste 3 millóns de euros na mellora de once campos de fútbol
O rexedor informou hoxe da evolución das obras que se están acometendo nos terreos de xogo de Valadares, A Bouza e Bouzas e do inicio das obras no da Guía ou en Fragoselo, que se sumarán ás que veñen de finalizar en San Miguel de Oia, Matamá, Navia, Meixoeiro ou Candeán.
Abel Caballero detallou este martes o investimento do Concello na mellora de once campos de fútbol da cidade que suma 3 millóns de euros.
No campo da Bouza xa remataron as tarefas que se estaban executando coa previsión de que poida poñerse en funcionamento na semana do 19 de agosto, Bouzas prevé a finalización das melloras na semana do 30 de agosto e xa están rematados os traballos nos campos de Navia, Meixoeiro e Candeán. A estes cinco campos, o goberno de Vigo dedicou case 2 millóns de euros.
Amais, o Concello financiou a mellora doutros tres terreos de xogo por valor de 410.000 euros: Valladares e San Miguel de Oia e Matamá, estes dous últimos xa rematados.
Segundo explicou o rexedor, están en proceso de adxudicación os campos de Monte da Mina, San Andrés e Sárdoma - As Relfas que suman un orzamento de 718.000 euros. En total, os 11 campos teñen unha dedicación do Concello de 3 millóns de euros.
A maiores, quedan pendentes de inicio de obra os campos de Fragoselo e A Guía e xa está en uso o do Carballal.