xoves, 20 xuño 2019

O Concello de Vigo abre expediente para a resolución da concesión do Camaleón en Samil

xoves, 20 xuñ 2019

Abel Caballero informou este xoves de que a Xunta de Goberno Local abriu un expediente informativo para a resolución da concesión outorgada a empresa Camaleón S.A. para a explotación do seu restaurante en Samil. O alcalde sinalou que a concesionaria está en concurso de acredores e, segundo o informe da Tesourería Municipal, ten pendente de pago as taxas de 2017 e 2018.

O rexedor felicita aos organizadores de Navalia 2020, "unha feira imprescindible en Europa"

xoves, 20 xuñ 2019

Abel Caballero presidiu esta mañá o Comité Executivo de Navalia (Feira Internacional da Industria Naval), onde estivo acompañado, entre outros, polo máximo responsable do evento, José García Costas. Logo de felicitar aos organizadores dunha "feira imprescindible en Europa", amosou a súa satisfacción porque este certame se achegue cada vez máis á cidade porque a edición de 2020 volverá ser "unha magnífica ocasión da economía, da tecnoloxía e do crecemento económico" para Vigo.