martes, 18 xuño 2019

Máis do 77% dos votos na consulta do Concello, a favor de declarar algunhas praias libres de tabaco

martes, 18 xuñ 2019

A cifra supera o 82% para o estadio municipal de Balaídos, segundo revelou hoxe martes Abel Caballero, quen ve unha posición "moi contundente" na cidade a favor de liberar de fumes Balaídos e algúns areais, como Samil ou os das illas Cíes. O alcalde considera que, con esta "altísima porcentaxe" de voto, a consulta ofrece un resultado que pode considerarse xa "definitivo", a falta do último dato da próxima semana.