Caballero aposta por impulsar a Economía Azul e cambiar paradigmas da política para "ser máis eficientes"
O XXXIII Congreso Internacional de Economía Aplicada Asepelt 2019 reúne en Vigo a máis de 150 especialistas
O XXXIII Congreso Internacional de Economía Aplicada Asepelt 2019, que arrancou onte en Vigo, reúne ata o domingo a máis de 150 especialistas deste campo en diferentes países. Nesta nova edición o encontro céntrase na Economía Azul, área na que Vigo é todo un referente, poñendo o acento nas actividades marítimas e o desenvolvemento sustentable.
Caballero, que participou na inauguración oficial esta mañá, lembrou que "vivimos un momento complicado na economía e moitos dos paradigmas que criamos inamovibles empezan a ser cuestionados". O alcalde avogou por evolucionar no ámbito da política para que o local "poida actuar na economía de forma eficiente".
Animou ademais aos participantes do congreso para aproveitar non só a parte científica do mesmo senón tamén "a persoal, xa que os congresos son un excelente momento para reencontrarnos e compartir futuros proxectos". Por último, lembroulles a importancia de "facerse visible á sociedade, xa que vos reclama e é moi receptiva".
O congreso está organizado pola agrupación estratéxica Ecobas da Universidade de Vigo e a Asociación Internacional de Economía Aplicada Asepelt en colaboración co Concello de Vigo, Autoridade Portuaria e Consorcio de Zona Franca de Vigo.
Na inauguración participaron Dolores Garza, presidenta do Comité Organizador do congreso; José María Montero, presidente de Asepelt; Carlos Fernández Jardón, presidente do Comité Científico e Carlos Botana, responsable do Departamento de Sustentabilidade do Porto de Vigo.
Descargar todas as imaxes