O Concello aproba o xoves o proxecto de ampliación do camiño Baixada á Igrexa, en Teis
A Xerencia de Urbanismo dará luz verde este xoves ao proxecto e memoria de obras no camiño Baixada á Igrexa, á altura do número 10, en San Salvador de Teis. O proxecto contempla a reconstrución do muro parcialmente derrubado e a ampliación de 25 metros do camiño.