martes, 22 xan 2019
Segundo explicou Caballero este martes, o Concello custea a expropiación duns 500 m2 "imprescindibles" para construír a estación de autobuses e os accesos á estación do AVE de Urzáiz. O alcalde anunciou que en febreiro virá a Vigo o arquitecto Thom Mayne para supervisar as obras e o encaixe do ascensor entre García Barbón e Vía Norte que proxecta o Concello a través da estación do AVE.<br />
martes, 22 xan 2019
Os actos centrais da celebración serán o 30 e o 31 de marzo pero a fin de semana anterior comenzarán as primeiras escenificacións, tal e como confirmou esta mañá o rexedor.
martes, 22 xan 2019
O alcalde asistiu este martes á inauguración do espazo Ikea Deseña no Centro Comercial Gran Vía de Vigo onde lles deu a benvida á cidade e lles desexou éxito para seguir co seu asentamento na cidade.
martes, 22 xan 2019
alcalde anunciou este martes que o Concello impartirá sete cursos de formación para voluntarios. "Imos darlle moito impulso ao voluntariado, queremos facer unha gran mobilización", sinalou Caballero, quen cifrou en aproximadamente 3.000 os inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado.
martes, 22 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes as instalacións da empresa Termavi no Porto de Vigo. Acompañado polo presidente da compañía, Eduardo Davila, o rexedor vigués fixo un percorrido polo peirao de Guixar, onde Terminales Marítimas de Vigo opera na carga e estiba de colectores marítimos.
martes, 22 xan 2019
Abel Caballero recibiu este martes aos escolares gañadores do IV Certame Escolar de Carteis da Reconquista Infantil no que, dada a calidade dos traballos presentados, o xurado decidiu ampliar os galardóns con catro accésit. O primeiro premio foi para Alba Carpintero Bidea do CEIP Altamar e os accésits para Pablo Verdera Rico do CPR Niño Jesús de Praga, Olivia Aguilera Restivo do CEIP San Salvador de Teis; Sharay,Sabela,Mateo e Xiana do CEIP Ría de Vigo e Cairo, Andrea e Xiana do Colexio María Auxiliadora.