xoves, 3 xaneiro 2019

Vigo prolonga o alumeado de Nadal ata o 13 de xaneiro

O alumeado de Nadal lucirá nas rúas de Vigo ata o vindeiro 13 de xaneiro. A decisión do goberno local chega despois do éxito da iniciativa e da afluencia masiva de visitantes. O alcalde tamén anunciou que o Concello recibiu un galardón dos Premios Nacionais de Comercio pola súa labor en favor do comercio local.

O alcalde despide ao Coronel da Garda Civil de Pontevedra, Jorge González

xoves, 3 xan 2019

Abel Caballero mantivo hoxe un encontro co coronel da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Jorge González, que cesa do seu cargo por alcanzar a idade de xubilación. O rexedor eloxiou o "gran traballo" que realizou na provincia e en Vigo, apoiando algunhas das propostas da cidade como é a necesidade de reforzar a dotación da Garda Civil "por ser urbe fronteiriza, con porto e aeroporto, con moito ámbito rural e, por tanto, con moita forza", polo que "nos prestamos a ser unha sede da Garda Civil máis importante do que somos", unha opinión, dixo, que o Coronel comparte.

O goberno local coopera co Consello Galego de Economistas

xoves, 3 xan 2019

Abel Caballero recibiu este xoves ao presidente e o vogal do Consello Galego de Economistas que o convidaron formalmente á entrega do Premio Economía, que a entidade outorga a finais deste mes de xaneiro a unha empresa viguesa. O rexedor comprometeuse con Miguel A. Vázquez Taín a cooperar na celebración deste evento e das cuestións que poida requirir o Consello de Economistas de Galicia. <br />